Quen somos?

Somos un grupo de veciños de Melide, afeccionados á tecnoloxía e que decidimos xuntarnos para realizar actividades a prol da difusión do Software Libre.

Os obxectivos da Asociación son:

  • Promocionar e divulgar o concepto de Software Libre e fomentar o seu uso
  • Fomentar e apoiar os proxectos de Software Libre, especialmente aqueles desenrolados polos seus membros.
  • Impulsar e respaldar as iniciativas de Software Libre
  • Adaptación do Software Libre á lingua galega.
  • Promover o emprego de estándares abertos na sociedade da información e no ámbito tecnolóxico.
  • Formación das novas tecnoloxías no eido do Software Libre nos diferentes ámbitos (educativo, empresarial,…)