Aula de informática

Neste proxecto instaláronse un total de 5 equipos que foron entregados pola AMTEGA, dentro do proxecto de reciclado de equipos informáticos para Voluntariado Dixital, e instalouse neles unha distribución Ubuntu MATE 16.04 con aquelas ferramentas de maior uso nas actividades da escola.

Na edición actual, ano 2018, engadíronse dous equipos máis, que foron entregados pola Asociación Comunidade O Zulo, que á súa vez tamén participa no programa de Voluntariado Dixital.

Un dos equipos configurouse para que poida gardar unha copia completa da wikipedia en varios idiomas, así como libros para que as persoas poidan acceder aos contidos sen necesidade de ter conexión a Internet.