Melisa é unha das entidades de acción voluntaria que participa no Programa Voluntariado Dixital, a través do proxecto «Tecnoloxía e Software Libre nos Centros Penitenciarios Galegos».
O obxectivo desta iniciativa é apoiar a formación que reciben os internos, ofrecendo contidos prácticos no contorno das tecnoloxías de información e comunicación, sempre enfocado no uso de ferramentas libres.
Melisa ao formar parte do programa de Voluntariado Dixital, presta apoios dixitais en actividades de fomento do software libre en Galicia.