Obradoiro de podcasting

MicrofonosEste proxecto busca capacitar a varios internos para que sexan capaces de elaborar, gravar e producir un programa de radio/podcasting con ferramentas informáticas libres.

A formación busca tanto a capacitación no apartado técnico, onde aprendemos a usar micros, mesa de misturas, auriculares, amplificadores, portátil e software de gravación e edición de son, como a capacitación no que é a creación dun programa de radio desde cero, onde aprendemos a crear a estrutura básica dun programa, recursos cos que podemos xogar, técnicas de locución diante do micro, tipos de contidos que podemos meter, entrevistas a outras persoas, como utilizar a música como recurso sonoro, etc.

Que aporta un programa de radio/podcasting?

O son, a radio e o podcasting sempre foi, e será, unha boa ferramenta comunicativa para poder dar visibilidade a persoas e colectivos, así como poder documentar e narrar a memoria da xente a través de medios dixitais baratos (co teu propio móbil) e doados de usar pola xente con menos coñecementos técnicos.

Crear hoxe en día unha radio ou contidos para un podcast é doado e divertido.

Exemplos de programas creados no Centro Penitenciario

Buenas vibraciones – Programa de música brasileira e música electrónica.

El perímetro – Programa de música hip hop.

Ciencia loca – Programa sobre divulgación científica.