Nos centros penitenciarios non hai acceso a Internet, polo que unha das iniciativas de Melisa é instalar Kiwix nos equipos da biblioteca dos centros.
Kiwix é unha solución «offline» que permite acceso a contido educativo como Wikipedia, Wiktionary, conferencias TED e moitos outros en calquera ordenador ou teléfono móbil sen a necesidade dunha conexión a Internet activa.
Kiwix é pequeno e eficiente, funciona en equipos de baixa capacidade ou en equipos antigos. Tamén funciona nunha ampla variedade de sistemas operativos, desde Android e iOS ata Microsoft Windows, macOS e distribucións GNU/Linux.